Category O cambio rúa a rúa

Canellón de Estreito agarda por unha nova familia

Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago, Cuarteirón Castelo San Sebastián, Cuarteirón Ferrería-San Sebastián e Ferrería. Estas son as rúas nas que o Consorcio acometeu a súa labor rehabilitadora e das que vos falamos ao longo destas últimas semanas na sección ‘O cambio rúa a rúa’. Anuncios

A nova Ferrería do novo barrio vello

Aínda que nos números 11-13-17-19 xa se actuara, con transformacións en vivendas e locais, e xa empezaban a chegar á rúa novas familias, Ferrería alcanzou o seu esplendor coas rehabilitacións terminadas no primeiro semestre do 2013. Concretamente, os números 25-27-29-31 e 33-35 cos que a rúa era transformada por completo en todo o seu conxunto.

O Cuarteirón Ferrería-San Sebastián, axuda para recuperar a maxia do barrio histórico

Xa vos falamos nesta sección dos cambios acometidos en Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago e Cuarteirón Castelo-San Sebastián, e hoxe tócalle o turno a outro cuarteirón no que o Consorcio Casco Vello de Vigo levou a cabo diferentes rehabilitacións. Concretamente, o Cuarteirón Ferrería-San Sebastián.

De Hortas a San Sebastián

2012. Ese foi o ano no que se remataron as rehabilitacións no Cuarteirón Castelo San Sebastián, concretamente na rúa Hortas e en San Sebastián. En total, nove novas vivendas dispostas a albergar a máis familias e seguir dinamizando o barrio histórico de Vigo.

Cruz Verde, gran dinamizadora do novo barrio histórico

Cruz Verde foi outra das rúas cuxos edificios o Consorcio Casco Vello de Vigo rematou de rehabilitar no ano 2010. Xunto cos números 18-20 e 24-26 de Abeleira Menéndez, o 5 de Cruz Verde formou parte tamén do segundo sorteo realizado polo IGVS.