Category Casco Vello

A fortaleza de San Sebastián, reliquia do s.XVII

A fortaleza de San Sebastián construíuse para resgardar Vigo dos ataques ingleses e portugueses, cos que estaba inmerso na Guerra de Restauración Portuguesa (1640-1668).

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

Administracións e institucións públicas, claves tamén no proceso de rehabilitación do Casco Vello

O Consorcio Casco Vello de Vigo leva anos traballando pola revitalización do barrio histórico da cidade. A través da rehabilitación de edificios estase a conseguir unha nova imaxe do Casco Vello, con novas familias habitándoo e con novos establecementos comerciais operando nel.

Os emprendedores do Casco Vello, parte esencial da revitalización do barrio (parte 2 de 2)

Cambiamos de lugar para visitar a rúa Santiago, outra das que máis locais acolle.

Os emprendedores do Casco Vello, parte esencial da revitalización do barrio (parte 1 de 2)

O Consorcio Casco Vello de Vigo foi creado no 2005 cun obxectivo claro: atender as demandas dos veciños do centro histórico, que viñan reclamando un ambicioso programa de rehabilitación e recuperación urbana na área.

Queres ser un novo veciño do Casco Vello?

Desde o Consorcio Casco Vello de Vigo pronto poremos en marcha un novo sorteo de vivendas a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os inmobles corresponden ás obras de rehabilitación da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 e sairán un total de 10 Vivendas de Protección Autonómica (VPA)