Administracións e institucións públicas, claves tamén no proceso de rehabilitación do Casco Vello

O Consorcio Casco Vello de Vigo leva anos traballando pola revitalización do barrio histórico da cidade. A través da rehabilitación de edificios estase a conseguir unha nova imaxe do Casco Vello, con novas familias habitándoo e con novos establecementos comerciais operando nel. Entre todos estamos a conseguir o obxectivo e fin último do CCVV, darlle ao Casco Vello a imaxe e vida que merece.

Pero, ademais de familias e comerciantes, nese proceso de revitalización as administracións públicas e institucións xogan tamén un papel fundamental. A través de diferentes convenios de colaboración co Consorcio foron varios os organismos que decidiron trasladarse ao casco histórico de Vigo para realizar alí as súas actividades. Entre eles, o Centro Galego de Fotografía, o Servizo Común de Notificacións e Embargos, os Rexistros da Propiedade, a sede APEC e, mais recentemente, a Universidade de Vigo.

SEDE APEC

A Asociación de Empresarios da Construción de Pontevedra tamén decidiu trasladar a súa base ao Casco Vello.

Os empresarios da construción adquiriron o baixo comercial sito no número 16 da rúa Real para instalar alí a súa sede coa finalidade de contribuír á dinamización e ao proceso de rexurdimento da zona antiga da cidade olívica. A compra formalizouse ante notario en decembro do 2009 e despois de realizar os traballos de rehabilitación no inmoble propiedade do Consorcio e facerse efectiva a venda, o colectivo instalouse definitivamente a principios do 2010.

APEC

APEC

APEC

APEC

CENTRO GALEGO DE FOTOGRAFÍA

O Consorcio Casco Vello de Vigo vendeu en decembro de 2009 ao Concello de Vigo un inmoble situado na rúa Eduardo Chao para crear o Centro Galego de Fotografía. O devandito centro albergará a colección Arquivo Pacheco, así como os fondos das diferentes Fotobienais celebradas en Vigo e outras coleccións que se vaian adquirindo.

Os inmobles adquiridos polo Concello de Vigo para a creación deste centro estaban nesa época nun estado completamente ruinoso. Proba disto é esta fotografía, na que podemos ver como estaba o solar na que se proxectou.

Solar Centro Galego Fotografía

Solar Centro Galego Fotografía

O Centro Galego de Fotografía contará con salas de exposicións, fototeca, unha sala multiusos, zonas administrativas e almacéns. Reservarase tamén un espazo de 200 metros cadrados para habilitar unha zona dedicada á restauración e documentación dos fondos pictóricos e escultóricos da pinacoteca da cidade.

Durante todo o tempo que se leva traballando na obra conseguiuse un cambio total no estado da edificación, convertendo o solar en estado ruinoso nun edificio moderno, que nada ten que ver co seu predecesor.

Centro Galego Fotografía

Centro Galego Fotografía. Fotografía: Faro de Vigo

REXISTROS DA PROPIEDADE

Outro dos convenios de colaboración que o Consorcio realizou foi co Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de España, mediante o que ambas entidades se comprometeron á compravenda dos catro inmobles sitos nos números 29, 31 e 33 da rúa Real, e no número 26 da rúa Alta. Da rehabilitación e intervención nestes catro inmobles sairon os Rexistros da Propiedade de Vigo que pasaron a situarse no seu casco histórico en diciembre do ano pasado.

O traslado deste organismo supuxo unha mellora respecto das instalacións viguesas onde prestaban o servizo os Rexistradores e tamén un paso importante no que á dinamización e revitalización integral do barrio se refire.

Os arquitectos encargados da rehabilitación foron Irisarri&Piñera. Esta era unha das fotografías que nos mostraban da situación das obras a principios do ano:

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedade

E así lucía xa practicamente rematada:

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedade

Rexistros da Propiedad

Fotografías cedidas polo estudo de arquitectura Irisarri-Piñera.

SERVIZO COMÚN DE NOTIFICACIÓN E EMBARGOS

Foi a principios do 2013 cando se coñeceu a noticia de que a Xunta trasladaría o Servizo Común de Notificacións e Embargos ao Casco Vello. Situarase nun inmoble entre as rúas San Sebastián, 13 e Abeleira Menéndez, 24.

Aínda que nun primeiro momento o devandito inmoble estaba pensado para albergar o Rexistro Civil, o traspaso das súas competencias aos Rexistradores da Propiedade obrigou á Xunta a reconsiderar a súa formulación e cambiar o uso das instalacións.

Realizouse entón un novo proxecto para o cambio de situación deste servizo, que contará con máis de 700 metros cadrados divididos en tres plantas e un local anexo e contribuirá a paliar a falta de espazo nas sedes xudiciais viguesas.

As obras comezaron a finais do 2013 e nesta imaxe podedes observar o seu estado nese momento:

Servizo Común Notificacións e Embargos

Servizo Común Notificacións e Embargos

Pouco a pouco as obras foron collendo ritmo e cor e hai ao redor duns meses que o edificio xa se deixaba entrever:

Servizo Común Notificacións e Embargos

Servizo Común Notificacións e Embargos

Segundo a proxección dos arquitectos, así é como quedaría finalmente, tanto exterior como interiormente:

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

Infografía Servizo Común Notificacións e Embargos

UNIVERSIDADE DE VIGO

A última institución en querer formar parte da familia do barrio histórico é a Universidade de Vigo. Concretamente, instalarase nun dos lugares máis característicos da cidade: O Berbés.

O pasado mes de setembro o Consorcio Casco Vello de Vigo cedeu á Universidade tres edificios do emblemático barrio por un período de 40 anos para que poida instalar alí a súa sede institucional que, ademais, incluirá o seu Centro de Linguas. Os edificios cedidos sitúanse nos números 11, 13 e 15.

A planificación cronolóxica feita pola Universidade contempla que o proxecto estea redactado no verán de 2015, licitar a obra antes de abril de 2016 e executar os traballos entre maio desde ano e setembro de 2017.

Deste modo, a institución recuperaría a presenza no caso urbano vigués e axudará, ao mesmo tempo, a dinamizar a zona do Berbés.

Foto de familia cos edificios a rehabilitar detrás.

Foto de familia cos edificios a rehabilitar detrás.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: