A Horta de Abeleira convídanos a comer san sendo responsables coa nosa terra

Atópase no número 13-15 da irrecoñecible rúa Abeleira Menéndez, onde dun tempo para acó foron aflorando novos establecementos que nada teñen que ver coa zona deteriorada de hai algúns anos. Tras falar neste blog de A Tenda do Avó, Matina ou JT Photo Gallery hoxe tócalle a quenda a A Horta de Abeleira.

Anahi Freitas, empregada

Anahi Freitas, empregada.

Tanto a súa dona, Yolanda Romero, coma a súa empregada, Anahi Freitas, convídannos día tras día a comer san, pero sen esquecer a importancia de facelo con responsabilidade. Trátase, segundo sinala a propietaria, de “unha maneira de comer san sendo, a súa vez, responsables coa nosa terra”.
A Horta de Abeleira ofrécenos todo tipo de produtos ecolóxicos e frescos coma froitas e verduras pero tamén viños, queixos, embutidos e conservas. Todos e cada un dos alimentos de primeira calidade están cheos de sabor e non teñen aditivos nin tampouco conservantes nin moito menos pesticidas.
Son produtos naturais cen por cen.

Cartel

Produtos
Segundo Yolanda, cada vez hai máis vigueses e viguesas que apostan polos alimentos saudables e ecolóxicos. “Desde que abrimos A Horta de Abeleira vemos que existe unha maior conciencia por esta maneira de vida da que somos unhas defensoras natas”. Na mesma liña móstrase Anahi, quen está convencida de que “a cultura ecolóxica está crecendo na nosa cidade”.

Interior

Estantería bebidas
Con respecto á labor que segue facendo o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) no que a recuperación do barrio histórico se refire coa posta no mercado de Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e de locais comerciais rehabilitados polo organismo, ambas a recoñecen, pero consideran que aínda queda moito por facer. Neste punto falan abertamente dos problemas que seguen carrexando os puntos concretos de prostitución na propia Abeleira Menéndez ou Cruz Verde.
“O importante é que tanto as Administracións coma os veciños e comerciantes vaiamos todos xuntos para lograr que o Casco Vello se converta no corazón da nosa cidade”, argumenta Yolanda, que se sente unha afortunada de poder formar parte da transformación da zona.

Escaparate

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: