Javier Teniente: “A zona con máis encanto da cidade é o noso Casco Vello e a miña galería de arte tiña que estar aquí”

Non necesita presentación na nosa cidade. O fotógrafo Javier Teniente ten sobre as súas costas unha dilatada traxectoria profesional e, desde hai preto de dous anos, comparte o mellor da mesma na súa galería de arte, un sorprendente espazo artístico emprazado en pleno Casco Vello, onde o visitante pode viaxar arredor do mundo a través da mirada do artista.

FOTO QUE ABRE LA ENTREVISTA Javier Teniente

JT Photo Gallery, no número 13 da renovada rúa Abeleira Menéndez, mostra á perfección a intensidade das ducias de viaxes realizadas polo artista, quen recoñece que cando soubo que o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ía a pór os primeiros locais comerciais rehabilitados no mercado “non o pensei e solicitei facerme cun deles”.

fotos interior (cedida por javier teniente)

“Levaba moito tempo querendo montar un espazo propio”, sinala Javier, ao tempo que asegura que “a zona con máis encanto da cidade é o noso Casco Vello e, por iso, a miña galería de arte tiña que estar aquí”. Pese a ser un convencido de que o rexurdir do barrio histórico vai por bo camiño e que non ten marcha atrás, lembra que cando se asentou na rúa “Abeleira Menéndez era unha zona escura, aínda que fora de día”.

detalle postales (cedida por javier teniente)detalle interior (cedida por javier teniente)

Refírese aos clubes de alterne que aínda subsisten tanto na súa rúa coma na lindeira Cruz Verde e que, na súa opinión, “se ben cada vez hai menos, aínda queda moito por facer para a súa desaparición do barrio histórico”. Segundo o fotógrafo, “os estamentos teñen que facer máis para atallar este problema da prostitución, non vale só coa vida que damos os comerciantes e os veciños”.

No que respecta ao día a día do Casco Vello, Javier desexa que a súa parte alta  e a baixa traballen máis unidas e que, por exemplo, na vindeira Festa da Reconquista os tradicionais postos poidan instalarse tamén no entorno da Ferraría.

Para os que non coñezades aínda á JT Photo Gallery convidámosvos a que o fagades. O visitante poderá gozar non só das obras do seu autor, senón da tranquilidade que ofrece o seu patio interior ao aire libre onde outros artistas tamén mostran habitualmente os seus traballos.

terraza (cedida por javier teniente)

Fotografías cedidas por Javier Teniente.

2 comentarios

  1. Miriam Doutón · · Responder

    Vivo en el Casco Vello Alto desde hace unos 4 años. Al igual que Javier Teniente, me considero una de las primeras personas en creer en el encanto de esta zona de Vigo. Le agradezco tanto a él, como a todos los demás empresarios del distrito, su apuesta que se materializa, día tras día, en una enorme labor de dinamización y revitalización nuestro barrio.
    Estoy de acuerdo con Javier en que la iniciativa privada es fundamental para transformar esta zona de Vigo, pero no puede ser la única acción. Convertir este barrio en la zona de referencia que Vigo merece, no sólo pasa por la iniciativa privada, sino por acciones concretas de los entes públicos. Todavía existen unos pocos puntos negros en zonas muy delimitadas, por los que aún no es del todo agradable pasar. La solución es conjunta: es rehabilitación, es dotación urbanística, es iniciativa privada y es apoyo público. Con el trabajo e implicación de todos: usuarios, emprendedores y instituciones, lograremos tener un barrio histórico del que estar orgullosos.

    1. Grazas Miriam pola túa aportación, e tamén por ser unha nova veciña máis do Casco Vello 🙂

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: