Juan Teixeira: “Oxalá o Casco Vello alto se converta pronto no soho vigués”

Acaba de abrir as súas portas na rúa Cruz Verde, número, 5, e xa destaca polo seu deseño e cor. Falamos de Vigo Remember  ou como lle gusta denominalo ao seu dono, Juan Teixeira, “un furancho das artes” onde comeza a non ter cabida a imaxe dunha Ferraría intransitable e convídanos a descubrir que algo está a cambiar.

Aos seus 30 anos, o fillo do pintor Mingos Teixeira, aposta firmemente polo noso barrio histórico desde onde dirixe xa a súa propia galería de arte con Vigo e Galicia como referente de atracción turística e dando espazo á colegas creadores a través da escultura, a pintura ou a fotografía.

rincón galería teixeira

suelo galería teixeiraVigo Remember nace como punto de encontro para todo tipo de eventos culturais  como recitais de poesía, obradoiros ou actuacións musicais. O patio ao aire libre co que conta este local -rehabilitado polo Consorcio Casco Vello de Vigo– ofrecerá, sen dúbida, grandes momentos intelectuais que agradamos non perdernos.libros teixeira

Entre as novas técnicas das que podemos gozar na galería de Teixeira, o selo digigraphie que se traduce na reprodución exacta dixital coa que poderemos levarnos a nosa casa obras de arte a prezos moito máis alcanzables.

“Oxalá o Casco Vello alto se converta pronto no soho vigués”, sinala o artista, un namorado da zona histórica e das súas posibilidades que ofrece na actualidade. Valora positivamente a labor que segue a desempeñar o Consorcio Casco Vello  -participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- no que a dinamización e revitalización se refire e confía en que a “nova zona cultural” que se está a crear acabe, para sempre, cos clubes de alterne que aínda existen, sen ir máis lonxe, na súa propia rúa.

Convencido do potencial que o Casco Vello pode ofrecer a Vigo, anima ao resto dos artistas e novos emprendedores que se sumen ao cambio total que está a vivir, día a día, o noso corazón da cidade.inauguración galería teixeiramostrador día inauguración

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: